A folla azul

A folla azul

  • Downloads:8334
  • Type:Epub+TxT+PDF+Mobi
  • Create Date:2021-06-10 21:16:13
  • Update Date:2025-09-23
  • Status:finish
  • Author:Andrea Maceiras
  • ISBN:8491218440
  • Environment:PC/Android/iPhone/iPad/Kindle

Summary

A Amazonia é un mundo verde e único。 Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos。 Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva。 A tribo da protagonista desta historia é unha delas。 Ela é Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde。 E esta é a súa historia。

Download

Reviews

Littera-lupa

 Nesta novela temos como protagonista a Husu Aké "a nena dos ollos de luz", unha rapaza que vive no Amazonas co resto da súa tribu en en harmonía coa natureza。 Porén, un día os Kuben (persoas sen oshoshoro, amor pola Nai Terra) chegan ao seu poboado e deixan tras de si unha perigosa enfermidade。 Husu descubrirá entón que dela depende a salvación da súa aldea, dela e dunha misteriosa folla azul。 Na súa perigosa e longa viaxe pola selva descubrirá a destrucción que o egoísmo dos Kuben xera ao seu  Nesta novela temos como protagonista a Husu Aké "a nena dos ollos de luz", unha rapaza que vive no Amazonas co resto da súa tribu en en harmonía coa natureza。 Porén, un día os Kuben (persoas sen oshoshoro, amor pola Nai Terra) chegan ao seu poboado e deixan tras de si unha perigosa enfermidade。 Husu descubrirá entón que dela depende a salvación da súa aldea, dela e dunha misteriosa folla azul。 Na súa perigosa e longa viaxe pola selva descubrirá a destrucción que o egoísmo dos Kuben xera ao seu redor e verá e compartirá o sufrimento do resto de habitantes do seu mundo。 A pesar de todo, consigue continuar avanzando con valentía e esperanza e facendo fronte as inxustizas que vai presenciando。 Husu é determinada e afouta, máis hai intres nos que o cansanzo e a tristeza a consomen。 Entón aférrase á lembranza da súa familia, e especialmente á da avoa, a muller máis sabia que xamáis coñeceu e á que debe todos os seus coñecementos。 A historia lémbrame moito a algúns contos clásicos pola súa estrutura, xa que a protagonista irá coñecendo no camiño outros animais que a axudarán na súa misión ou aos que ela aconsellará nos seus problemas e, ao desandar o percorrido e dirixirse de novo cara o seu fogar, volverá atopar ás mesmas personaxes。 Ademais, para conseguir o seu obxectivo terá que renunciar a algo。。。 "A folla azul" é unha obra marabillosa que trata moitos temas importantes como son a contaminación e a necesidade de protexer a natureza。 A historia transmite unha mestura de esperanza e tristeza e conta cunha ambientación moi espiritual, chea de ritos e outros elementos máxicos (soños premonitorios, a capacidade de comunicarse cos animais。。。)。 。。。more